miércoles, 24 de febrero de 2016

NORABOA!



                    NORABOA CAMPIÓNS!


   Estes catro nenos e nena de quinto curso, Ali, Eduardo,Teo e Noa, se clasificaron para a final do concurso matemático Ligamats, na categoría A (alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria). A final será en Vigo o vindeiro 4 de marzo.
A miña máis sincera noraboa, non só polo ben que fixéchedes os exercicios matemáticos, se non polo máis importante, que é o ben que traballades en equipo e o bos compañeiros que estades sendo pois recoñedes os méritos dos demáis compañeiros de equipo.Seguide así! e para min xa sodes sempre campións.
                                                                 Marisa


miércoles, 17 de febrero de 2016

TALLER DE MATEMÁTICAS





 O pasado luns, 15 de febreiro os nenos e nenas de 5º nos desplazamos ata a fundación Barrié de la Maza, en A Coruña para participar nuns talleres matemáticos, que nos gustaron moito. Había tangrams, acertixos, pentaminós, ilusións ópticas,etc. Gustounos moitísimos.
 Pola tarde un grupo de catro alumnos que foron: Noa Barona, Teo, Ali e Edu participaron nun concurso e sabedes que? PASARON A SEGUNDA FASE!

NORABOA!