viernes, 27 de enero de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Desde o Equipo de biblioteca, comezamos cunha actividade nova. A partir de este venres, dous alumnos/as de cada clase, levarán unha mochila, con varios libros, revistas, DVD's e unha libreta para escribir apreciacións. Esperemos que vos guste a iniciativa. Hoxe comezaron Ricardo, Eduardo, Mauro e Martín.


O CÓMIC





martes, 17 de enero de 2017

PROGRAMA DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Esta semana, comeza a andar no recreo, unha iniciativa para axudar a arranxar posibles discusións  ou disputas entre o alumnado; denomínase "Programa de resolución de conflitos". É unha actividade voluntaria, na que alumnos/as de 6º curso prestan a súa colaboración como mediadores, ó resto de compañeiros. Por iso queríamos agradecer a súa colaboración ó alumnado que intervén en él. Adxuntamos unha fotos coa indumentaria a utilizar.
 MOITAS GRAZAS!!



APARATO RESPIRATORIO











jueves, 12 de enero de 2017

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS "AS MARIÑAS"

No día de hoxe, o CEIP Portofaro, participou no complexo deportivo de "Acea de Ama" na carreira de campo a través "As Mariñas". Foi unha xornada deportiva e de convivencia con outros centros da zona, na cal o importante era fomentar os valores do deporte, do compañerismo e da vida saudable. Adxuntamos as fotografías dos equipos infantís masculinos e femininos. Desde aquí animamos ó noso alumnado á práctica deportiva e calqueira das súas modalidades.