sábado, 26 de noviembre de 2016

POEMAS DA FELICIDADE

Traballando sobre os distintos tipos de versos existentes na poesía, saíronnos estas rimas sobre  "A felicidade". Convidámosvos a que as leades...


DOCUMENTO WORD

Neste vídeo aprenderemos unhas nocións básicas para elaborar documentos no Microsoft Office Word.

miércoles, 16 de noviembre de 2016

CAXOTO CONTACONTOS

Hoxe tivemos a visita de Caxoto, un contacontos que nos mostrou o espectáculo “Diagnosticando a Igualdade”, no que traballamos: 
- Os estereotipos de xénero
- A coeducación
- A corresponsabilidade 
 A través do conto "Laura quere ser pirata" aprendimos sobre a igualdade de xénero. Agora toca poñer en práctica esos valores...




viernes, 11 de noviembre de 2016

DÍA DAS MASCOTAS

Aproveitando que en Ciencias Naturais estamos co tema de "Os animais", algúns alumnos/as presentáronnos as súas mascotas e así aprendimos un pouco mais sobre distintos tipos de animais.
Antía trouxo o seu hámster "Linda", Alba o seu peixe "Dori", Daniel os seus perriquitos "Tintín e Mika", Duna o seu hámster "Chuleta", Nicolás a súa tartaruga "Panchita" e Abril fixo unha presentación do seu can "Pais".
Moitas grazas os nenos/as e as súas familias pola súa colaboración.



jueves, 10 de noviembre de 2016

TALLER DE REPSOL NO MUNCYT









O 3 de novembro os alumnos e alumnas de sexto asistimos a un taller organizado por Repsol no Muncyt que trataba sobre a enerxía. Visitamos unha exposición onde coñecimos a orixe, transformación, usos e sostenibilidade da enerxía, participamos nunha actividade chamada "Petroquímicos por un día" e asistimos a un espectáculo científico chamado "Os segredos da enerxía intelixente". Tamén aproveitamos para subir á parte dianteira do Boeing 747 que trouxo o cadro do Guernika a España