viernes, 19 de junio de 2020

VENRES,19 DE XUÑO DE 2020

Benqueridos nenos e nenas de 6º A:
   Hoxe toca despedir este curso 2019/2020, un curso estraño e diferente, que rompeu o noso contacto na aula xa hai máis de tres meses. Tivemos que cambiar o método de ensinar e aprender pero durante as videoconferencias seguimos unidos e traballando xuntos. Como xa vos dixen sodes uns CAMPIÓNS con maiúscula porque non deixáchedes de traballar coa motivación e entusiasmo habituais.
      BOTAREIVOS MOITO DE MENOS!
      O tempo pasou voando e hoxe toca dicir ata logo, nunca adeus e os deberes que quedan para este verán son:
       - Rir moito, moito, moitísimo.
       - Xogar todo o que se poida e máis.
    - Quedar cos amigos e amigas, mantendo a distancia e con   mascarillas.
       - Saltar, correr, bailar, montar en bici, patinar, pasear, nadar.

            E tede moito coidado porque o virus segue aí