O Venres fixemos unha andaina desde o embalse de Cecebre, pola ribeira do río Mero, onde coñecimos diversas especies de árbores, paxaros e ata un antigo muíño. Ademais a mañá acompañounos con bo tempo, non se pode pedir mais...
sábado, 29 de abril de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
miércoles, 19 de abril de 2017
martes, 18 de abril de 2017
jueves, 6 de abril de 2017
ÁNXELA LOUREIRO
Hoxe visitounos ó colexio, Ánxela Loureiro, mestra, escritora e guionista. Falounos sobre o seu libro "Camiño perigoso", que é unha historia ambientada no camiño de Santiago na época medieval. O alumnado tivo a ocasión de preguntarlle sobre a súa vida e obrae coñecer de primeira man o traballo creativo e súa forma de traballar.
Velaquí tedes a película en inglés da que escribiu o guión Ánxela Loureiro, podedes activar os subtítulos en inglés
martes, 4 de abril de 2017
RECOÑECEMENTO
No día de onte Antonio, o director, entregou en nome do colexio a Noa, Teo, Ali e Eduardo un agasallo como recoñecemento os seus logros acadados no concurso de Ligamats. Desde aquí queremos resaltar o esforzo e o traballo en equipo como valores para acadar as nosas metas.
sábado, 1 de abril de 2017
TALLER DE ROBÓTICA
O xoves e o venres, Jesús, un ex-alumno do colexio, tivo a amabilidade de impartir un "Taller de robótica". Mostrounos unha reportaxe sobre o concurso que gañou en Vigo cos seus compañeiros de ciclo e ensinounos os primeiros pasos para comezar a programar. Desde aquí queremos darlle as grazas por compartir co colexio as súas experiencias e desexarlle éxito profesional.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)