viernes, 11 de noviembre de 2016

DÍA DAS MASCOTAS

Aproveitando que en Ciencias Naturais estamos co tema de "Os animais", algúns alumnos/as presentáronnos as súas mascotas e así aprendimos un pouco mais sobre distintos tipos de animais.
Antía trouxo o seu hámster "Linda", Alba o seu peixe "Dori", Daniel os seus perriquitos "Tintín e Mika", Duna o seu hámster "Chuleta", Nicolás a súa tartaruga "Panchita" e Abril fixo unha presentación do seu can "Pais".
Moitas grazas os nenos/as e as súas familias pola súa colaboración.



jueves, 10 de noviembre de 2016

TALLER DE REPSOL NO MUNCYT









O 3 de novembro os alumnos e alumnas de sexto asistimos a un taller organizado por Repsol no Muncyt que trataba sobre a enerxía. Visitamos unha exposición onde coñecimos a orixe, transformación, usos e sostenibilidade da enerxía, participamos nunha actividade chamada "Petroquímicos por un día" e asistimos a un espectáculo científico chamado "Os segredos da enerxía intelixente". Tamén aproveitamos para subir á parte dianteira do Boeing 747 que trouxo o cadro do Guernika a España