lunes, 2 de febrero de 2015

CONCERTO O SÁBADO 7 DE FEBREIRO

Centro Sociocultural do Graxal. Público familiar .Con invitación, a partir do 30 de xaneiro nas bibliotecas municipais

Os nenos e nenas que non puideron asistir a representación do grupo Migallas teatro o pasado 13 de decembro, teñen a oportunidade de asistir o sábado 7 de febreiro ás 17.00 h no Centro Sociocultural do Graxal ao concerto “ Merenda con pan de Millo”, en Cambre.
Nesta ocasión as invitacións estarán á súa disposición a partir do 30 de xaneiro nas bibliotecas municipais: Deben recoller a invitación todas as persoas asistentes ao concerto, tanto os nenos como os adultos acompañantes, agás os menores de 3 anos.

sábado, 31 de enero de 2015

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ


Este ano celebramos o día da paz con esta pomba feita coas paxariñas que realizaron todos os nenose nenas do colexio.. 

Unha vez feita, rodeámola para escoitar as lecturas de desaprender a guerra que leron os nosos compañeiros e compañeiras e cantar a canción "Eu quero ter un millón de amigos" que preparou exitosamente a nosa profesora de música Rosario.





  Ademais, os alumnos de 4º fixeron este cómic da canción de John Lennon titulada Imagine, un perfecto  exemplo visual do que significa desaprender a guerra.