sábado, 29 de abril de 2017

ANDAINA RÍO MERO

O Venres fixemos unha andaina desde o embalse de Cecebre, pola ribeira do río Mero, onde coñecimos diversas especies de árbores, paxaros e ata un antigo muíño. Ademais a mañá acompañounos con bo tempo, non se pode pedir mais...


jueves, 6 de abril de 2017

ÁNXELA LOUREIRO

Hoxe visitounos ó colexio, Ánxela Loureiro, mestra, escritora e guionista. Falounos sobre o seu libro "Camiño perigoso", que é unha historia ambientada no camiño de Santiago na época medieval. O alumnado tivo a ocasión de preguntarlle sobre a súa vida e obrae coñecer de primeira man o traballo creativo e súa forma de traballar.







Velaquí tedes a película en inglés da que escribiu o guión Ánxela Loureiro, podedes activar os subtítulos en inglés

martes, 4 de abril de 2017

RECOÑECEMENTO

No día de onte Antonio, o director, entregou en nome do colexio a Noa, Teo, Ali e Eduardo un agasallo como recoñecemento os seus logros acadados no concurso de Ligamats. Desde aquí queremos resaltar o esforzo e o traballo en equipo como valores para acadar as nosas metas.






sábado, 1 de abril de 2017

TALLER DE ROBÓTICA

O xoves e o venres, Jesús, un ex-alumno do colexio, tivo a amabilidade de impartir un "Taller de robótica". Mostrounos unha reportaxe sobre o concurso que gañou en Vigo cos seus compañeiros de ciclo e ensinounos os primeiros pasos para comezar a programar. Desde aquí queremos darlle as grazas por compartir co colexio as súas experiencias e desexarlle éxito profesional.