1. O medio ou ambiente dun ser vivo é todo aquilo que o
rodea e que inflúe de algún modo na súa vida.
Está composto polo medio físico e o medio biolóxico.
2. O medio físico está constituído polo conxunto de compoñentes
non vivos ou inertes.
Os seus compoñentes máis importantes son: a auga, o aire, o
solo, a luz e a temperatura.
A auga é necesaria para os seres acuáticos e terrestres
porque unha gran cantidade do seu corpo está formado por auga.
O aire contén osíxeno e dióxido de carbono. Os seres vivos
necesitamos osíxeno para respirar e o dióxido de carbono é utilizado polas
plantas para fabricar o seu propio alimento. Ademais, o aire serve para que os
paxaros se sosteñan.
O solo é indispensable para as plantas porque se sosteñen
nel a súa raíz. Ademais, contén a auga e as sales minerais necesarias para
fabricar o seu alimento.
A luz é imprescindible para que as plantas realicen a
fotosíntese. Ademais, os seres vivos poden ver grazas a ela.
A temperatura é moi importante para a supervivencia dos
seres vivos porque poucos deles poden vivir en temperaturas extremas (demasiado
altas ou baixas).
3. O medio biolóxico é o conxunto de seres vivos que se
relacionan entre sí e producen efectos beneficiosos ou prexudiciais entre eles.
4. Relación de alimentación, competencia e cooperación.
Relación de alimentación: uns seres vivos aliméntanse dos
outros.
Relación de competencia: compiten por cousas. Por exemplo: a
parella, o territorio ou alimento. Todos saen prexudicados.
Relación de cooperación:
se axudan mutuamente para conseguir máis alimento e defenderse dos seus
inimigos. Todos saen beneficiados.
5. A adaptación do medio consiste en adquirir unhas
características propias para adaptarse a un medio concreto.
6. Unha comunidade biolóxica é un conxunto de organismos que
comparten un espazo determinado e establecen relacións intensas entre si.
7. O conxunto formado por unha comunidade biolóxico e o
medio físico chámase ecosistema.
8. Cadea alimentaria: relación que se dá entre varios seres
vivos dun ecosistema cando se alimentan un doutro.
Rede alimentaria. Conxunto de cadeas alimentarias que se
combinan nun ecosistema.
9. As relacións directas que exerce o ser humano sobre os
ecosistemas son: a caza, a pesca, a corta de árbores e a transformación dos
ecosistemas naturais en terras de cultivo ou poboacións.
10. Un contaminante é unha substancia engadida ao medio que
causa algún daño ao ser humano ou a outros organismos. Por exemplo: a gasolina,
automóbiles e fábricas.
11. Hai seres vivos en perigo de extinción pola falta de
presas, pola caza, pola destrucción do seu ambiente, etc.
12. Un parque natural é unha zona protexida que temos que
coidar con especial atención. Por exemplo, Verdes, As Fragas do Eume, as Dunas
de Currubedo, o parque de Doñana e Cabárceno.
13. Algunhas das accións que podemos realizar para protexer
o medio ambiente son:
-non arrancar plantas ou talar arbores
-non tirar lixo ao chan
-coidar as plantas e respectar os animais
-botar as pilas, aceites, cartuchos de tinta, etc ao punto
limpo
14. Algún exemplo de recurso natural abundante é por
exemplo:
-a enerxía do sol
-o aire
Algún exemplo de recurso natural escaso é por exemplo:
-a auga
15. Para aproveitar mellor os recursos que nos ofrece a
natureza temos que reciclar separando o lixo dos papeis, o vidrio dos envases
metálicos e o plástico. Nas plantas de tratamento de residuos serán reciclados
e así evitaremo o esgotamento dos recursos naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario