O curso está a punto de rematar así que aproveitamos para celebralo este pasado luns 8 de xuño de 2015 nunha granxa escola chamada "O Ventoso".
Primeiramente, recibíronnos con tres dos seus cabalos máis célebres. De esquerda a dereita, Thor, Audin e Atila.
A continuación, dividíronnos en grupos que ían rotando cos monitores.
O grupo A aprendeu moito sobre cereais e fixeron pan.
A media mañá disfrutamos dunha merenda a base de froita ecolóxica.
O grupo B aprendeu sobre cabalos, burros e ponis.
O grupo C aprendeu sobre plantas, cultivos e a alimentación dos distintos animais (cabras, ovellas, porcos, etc.)
O grupo D recheaba unha ficha para recopilar todos os coñecementos adquiridos mentres un a un ían montando en poni.
Cando chegou a hora de comer, estábamos famentos.
E despois de tantos esforzos,tocaba xa relaxarse e xogar cos nosos amigos e amigas.
tenemos que ir de excursion todos los días de cole
ResponderEliminar