Onte, 15 de novembro os alumnos de sexto realizamos unha visita a SOGAMA.
Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende daConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O lixo chega en camións ou trens (a planta ten terminal propia de tren), alí faise unha separación previa con imáns da parte metálica e por cintas transportadoras e tambores xiratorios. A parte que xa non pode ser aproveitada máis é triturada para a súa posterior incineración e aproveitamento enerxético. Sogama consome máis electricidade da que produce. As cinzas son enterradas no vertedoiro de Areosa de 330.000 m2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario